XX Aniversario

11.10.2007

Un cento de celtistas estiveron presentes na cea na que se conmemorou o XX aniversario da nosa peña. O salón Aurora do Restaurante Don Pepe estaba engalanado para a ocasión con bandeiras e motivos de Comando Celta.

Xunto a membros históricos da peña estiveron presentes o presidente do RC Celta Carlos Mouriño xunto ó vicepresidente Ricardo Barros e o conselleiro Pedro Posada. Tamén acudiron en representación do club o delegado José Ricardo Fernández acompañado dos xogadores do primeiro plantel Jorge Larena e Antonio Guayre e os ex-xogadores Vlado Gudelj e Milorad Ratkovic.

Durante a cea proxectouse a cinta “20 anos de camiño” —que recolle a historia de Comando Celta dende a súa fundación— pasando, despois dos discursos e intercambios de agasallos, ó baile que estivo amenizado polo conxunto ‘Nostalgia’ rematando a velada ás 4 da madrugada.

 Reportaxe gráfica de Champy e JES

 

 

Vinte anos

Armando Álvarez, outubro 2007

Vinte anos. Gardel minte. É un longo aniversario. Polo menos para unha peña futbolística. As peñas teñen os seus propios ciclos. A meirande parte morre igual que xurde, de sócato, ou queda reducida a un nome con escasa sustancia. Son desas creadas para honrar a un xogador, que pronto deixou de ser estrela, ou no lume dunha tempada exitosa que as seguintes afean. Os cariños do balón son adolescentes, veñen e van. Romances de noventa minutos, estatuas que non se chegan a esculpir, autógrafos que un se arrepinte de ter colleitado. Na cerimonia de inauguración estaban todos, siareiros, plantel, directivos. Sorrían para a fotografía. Non queda hoxe nin a memoria do seu nome.

Noite Celta

 

A Noite CeltaNoite Celta do Comando ‘Idem’ [Crónica do reporteiro máis celeste: JES]

Al final no era tan complicado llegar al ya mítico “Furancho da Balsa”, ya que no era más que coger la carretera de “circuncisión” (c)pow16, luego la salida de Matamá, que es la 5 y luego seleccionar Matamá 3 veces en las 3 siguientes rotondas que te encuentras, te sonará exagerado leer tanto 3 pero es la realidad.

El furancho es grande y espacioso, decorado pra la ocasión con camisetas de nuestro equipo de varias épocas, “merchandising” de la peña, bufandas de equipos a los que les hemos ganado en Europa o no, y hasta una exposición de fotos de la peña “Comando Celta” animando o viajando con el equipo o también en algún tipo de celebración.

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *