A lotería de Comando xa está a venda

j5h1GSBBXa está dispoñible a lotería de Nadal da peña Comando Celta. Como ven sendo norma nos últimos anos, volvemos a xogar o 01923. Que mellor número que o ano de fundación do noso Real Club Celta de Vigo. Podedes comprar a vosa participación de cinco euros (non hai décimos) tanto no noso local no estadio de Balaídos – entre a porta 11 e 12 – como no Celta Café-Museo no estadio de Balaídos, na cervexería Triketa (Avda. Fragoso, 9) ou no restaurante Arrepío (Travesía de Santiago de Vigo, s/n) . Moita sorte a todos!!!

Galería de imaxes: Viaxe a A Coruña

12294728_1100172673335718_8896986005121496364_nUn ano mais estivemos xunto ó Celta no derbi en Riazor. Esta temporada quixemos darlle unha volta de tuerca, facendo a previa en Compostela visitando a cidade compostelá, á peña Merlegos Celestes e comendo na capital galega. Non puido rematarse gañando en A Coruña pero fixose todo o posible. E como sempre o de sempre…”que nos quiten lo bailao!!!” e FORZA CELTA!! Ler Máis

Galería de imaxes: Torneo de peñas 15/16

12088157_1081381131881539_2068355857306594708_nO pasado 12 de outubro disputouse unha nova edición do Torneo das peñas do Celta, no que o noso equipo quedou encadrado no grupo E. Xunto as peñas Lío en Río e Arribada Celeste disputamos os nosos encontros no campo do Penedo da Moo, onde habitualmente xoga o equipo Atlántida de Matamá. Velaquí vos deixamos unha selección das mellores fotos do día que rematou co pase de Comando Celta á fase final. Ler Máis

O noso equipo repite pase a fase final do torneo de peñas

untitledO equipo volve un ano máis a acadar o pase á fase final do torneo de fútbol de peñas celestes organizado pola Federación das mesmas. Nun duro grupo os nosos lograron sair invictos e so a diferencia de goles alonxounos do primeiro posto. Nembargantes foi o mellor segundo de todos os grupos e eso permitiulle o pase a seguinte fase que se xogará o próximo 17 de maio de 2016. Ler Máis

Campaña de socios 2015: Vive o Celta!

11127877_977703298915990_6820778251706038443_nComeza a nova campaña de socios para a temporada 2015/16 e xa van 28. Xa podes unirte a peña Comando Celta e vivir o Celta xunto a nos durante todo un ano. Únete a unha das peñas máis lonxevas do celtismo e terás a man todas as vantaxes de ser un “comando”. Descontos no noso merchandising, nas viaxes, nos eventos que organicemos, etc… e ademais formar parte do mundo das peñas do Celta. Ler Máis

Galería de imaxes: III IbiCelta

1 [800x600]Un ano mais, e xa van tres edicións, volvemos a reunirnos en “Villa Carmen” para celebrar o verán ó estilo Comando. Unha mestura de festa “ibicenca” e xuntanza celtista que volveu a contar co voso apoio. As instalacións que poñen a nosa disposición xunto a colaboración das distintas firmas que nos apoian ó longo do ano fixeron que volvera a ser un éxito. Piscina, karaoke ou o DJ, entre outros, fixeron as delicias dos asistentes. Velaquí vai unha selección das mellores fotografías que fixo a Axencia CC sobre o evento. Ler Máis

III Festa IbiCelta

CARTEL III IBICELTATodos os comandos xa tedes un correo coa información ó respecto. Non volo perdades: zona de acampada, piscina, catering, barra libre, photocall, parking, DJ en directo… e como novedade este ano teremos karaoke. Mais info en comandocelta@comandocelta.com

¡E recorda acudir vestido so de branco e/ou celeste!

Galería de imaxes: Noite máxica

1467409_1022617214424598_5000444591085164197_nE chegou a noite máis curta do ano, un ano máis. Aproveitando que Balaídos vestiase de “Noite Máxica” pois nada mellor que compartila cos amigos. Dende aquí queremos felicitar tanto á comisión de Festas da Xuventude, como á Pulpería Campaño pola boa organización, e a todos vos que pasedes un feliz verán. Ler Máis

Gran imaxe do noso equipo na fase final do torneo de peñas

IMG_6780Comando da unha gran unha imaxe, invictos, e so a diferenza de goles deixanos fora. O grupo B presentouse como un dos máis igualadas da fase final do torneo de peñas do Celta 2015. Ramallosa-Canido, Lío en Río e Comando Celta disputaronse o liderado ata o derradeiro minuto, que permitía o pase as semifinais da competición. Os nosos merecen unha grande ovación polas pesimas condicións nas que tiveron disputar os encontros. Ler Máis

O celtismo contra Tebas

11079610_973427856010201_1788929375355674754_nO domingo faite escoitar. Non merecemos estos horarios, rexistros, prohibicións e dificultades por querer animar ó noso Celta.