Viaxe a Xetafe

Con motivo do Xetafe-Celta que se disputa o próximo sábado 16 de febreiro organizamos un desprazamento en autobús para todolos nosos socios. A saída será o propio sábado as 2:00 da madrugada dende o noso local en Balaídos e a volta o rematar o encontro. A prioridade é para os nosos socios por ese tedes un prazo exclusivo para anotaros e un mellor prezo.

Para os socios o coste do autobús é de 45€, a entrada incluida. Para anotaros tedes dúas oportunidades: o luns 4 de 19:00 a 20:00 no noso local ou o xoves 7 de 19:00 a 20:00 no noso local.

Se aínda quedan prazas libres, os que non sexan socios e a un prezo de 70€, ca entrada tamen incluida, terán a sua oportunidade de anotarse o sábado 9 de febreiro antes do Celta-Valencia no noso local nos baixos de Marcador, e durante a semana do encontro a través de comandocelta@comandocelta.com.

Los comentarios están cerrados.