Centolos Celestes, campión do torneo XXV aniversario

50Nunha gran xornada de convivencia celtista, a peña Centolos Celestes logrou levarse para a súa vitrina o trofeo doado por Deportes Balbi como campión do torneo XXV Aniversario de Comando Celta. Nunha apertada final fronte o equipo da nosa peña, chegouse ós penaltis onde a “nasa amarela” estivo máis atinada na pena máxima.

Pero antes de todo isto, as 8:30 da maña comezaron a chegar os primeiros equipos as instalacións deportivas do Celta en A Madroa. Aínda non amencera e en medio dunha forte choiva os equipos dirixíanse ós vestiarios. Cuns minutos de retraso sobre o horario previsto, comezaron os dous primeiros encontros, un correspondente a cada grupo.

No grupo A o dominio foi total de Centolos Celestes. Aínda que no primeiro encontro enfrontáronse as outras dúas peñas do grupo, derrotando Irmandiños a Sobran os Motivos con dous goles de Pablo Alonso fronte o único do equipo azul mariño. Os de Río Baixo caían fronte os “centolos” no segundo encontro por 3-2. Dous tantos de Rubén Pérez e outro de Dani Fernández dábanlle os tres puntos. E no derradeiro confirmaban o seu pase a gran final goleando a Sobran os Motivos por 5-2.

Mentres no grupo B, a nosa peña tiña un encontro no que logrou poñerse 4-1 fronte a Arribada Celeste. Nembargantes os de Baiona apertaron e nos instantes finais chegaron a poñer o 4-3 no marcador. A continuación Siareiros+Canteira case dan a sorpresa, tras estar derrotando a Comando durante a maior parte do partido. Ó final empate a tres. E no derradeiro encontro que decidía o campión do grupo, Arribada derrotaba claramente os “grises” que pagaron o esforzo do encontro anterior. Comando pasaba polo tanto á final.

GRUPO A
Sobran os Motivos 1 (Carlos García) – Irmandiños 1923 2 (Pablo Alonso (2))
Irmandiños 1923 2 (Pablo Alonso (2)) – Centolos Celestes 3 (Rubén Pérez (2), Dani Fernández)
Sobran os Motivos 2 (Carlos García, Miguel del Pozo) – Centolos Celestes 5 (Jesús Prado, Ismael Chamborro, Dani Fernández (2), Filipe Abalde).
1º Centolos Celestes – 6 puntos (+4)
2º Irmandiños 1923 – 3 puntos (0)
3º Sobran os Motivos – 0 puntos (-4)

GRUPO B
Arribada Celeste 3 (Iago Milla, Sergio Pedrosa (2)) – Comando Celta 4 (Pablo Martínez, Javi Estévez, Goyo García (2))
Comando Celta 3 (David Iglesias, César Vila, Adrián Prieto) – Siareiros.net+Canteira Celeste 3 (Ramón Catalina (2), Marci Varela).
Arribada Celeste 3 (Sergio Miniño (2), Jose Gozalo) – Siareiros.net+Canteira Celeste 2 (Marci Varela, Miguel Aller).
1º Comando Celta – 4 puntos (+1)
2º Arribada Celeste – 3 puntos (0)
3º Siareiros.net+Canteira Celeste – 1 punto (-1)

FINAL

Os dous campións enfrontábanse na gran final. Foi un encontro vibrante, con alternativas para os dous equipos e grandes goles. Dúas figuras emerxeron en ambos equipos, nos anfitrións o seu dianteiro, Pablo Martínez con dous tantos e en Centolos co seu hat-trick Rubén Pérez. O inicial tanto de Comando foi rapidamente respondido e remontado, sendo de novo igualado chegando co 2-2 ó descanso.
A segunda parte aínda foi máis igualada, onde só un extraordinario gol de Adrián Prieto puña por diante a Comando. Parecía que todo acabaría así pero no último segundo o árbitro pitaba penalti por falta sobre Filipe Abalde que non era. Rubén Pérez transformaba a pena máxima e enviaba o encontro á quenda de penaltis. Alí Centolos acertou os tres e Comando no derradeiro vía como Berto González fallaba.

Todas as fotos do torneo

Hai 3 Comentarios en “Centolos Celestes, campión do torneo XXV aniversario”

  1. Luis Dice:

    Le tuviste que poner nombre y apellidos al que falló. Qué malo eres, David!! jajaja

  2. xpc Dice:

    Dous figuras?