O próximo día 29 organizamos un torneo de fútbol 7 polo noso XXV Aniversario

carteltrofeo25Era un dos nosos desexos para festexar os nosos vinte cinco anos cumpridos este 2012. O próximo 29 de decembro organizamos nas Instalacións Deportivas de A Madroa, onde adestra diariamente o Real Club Celta, o Torneo XXV Aniversario de fútbol sete. Seis equipos forman parte do cartel e loitaran por levarse as súas vitrinas o Trofeo Comando Celta. Ademais do noso equipo, estarán compartindo unha maña de puro celtismo as peñas Centolos Celestes, Irmandiños 1923, Arribada Celeste, Siareiros.net e Sobran os Motivos.

O torneo dará comezo as 9:00 da maña no campo artificial grande (entrando á dereita) onde se habilitarán dous campos de fútbol 7. Os seis equipos dividiranse en dous grupos de tres que xogaran un triangular entre eles. Os gañadores de cada triangular pasarán a gran final que se disputará as 12:00. Todos estades invitados a presenciar os sete encontros que se xogaran ó longo da maña.

Para rematar a xornada, os equipos terán unha comida de confraternidade no Furancho da Balsa, na parroquia viguesa de Matamá, onde compartiran un cocido para restablecer forzas. Esperamos que sexa unha gran xornada de amizade e de afianzar os lazos que nos unen ós celtistas.

Los comentarios están cerrados.