Presentadas oficialmente as nosas chaquetas en Balaídos
O pasado domingo 18, antes da celebración do encontro Celta-Mallorca, a nosa peña fixo a presentación oficial da chaqueta-sudadera de Comando Celta. Cunha sesión de fotos onde participaron os nosos socios, a Axencia CC tomou unha serie de imaxes de todos eles ca chaqueta en distintos lugares do céspede: no medio do campo, na portería ou nos banquillos. A prenda, realizada en colaboración coa empresa galega Trezze, está sendo un éxito de vendas como demostra que se acaba de pechar a segunda quenda de pedidos a firma deseñadora.
noviembre 23rd, 2012 a las 14:19
En la primera, todos con los ojos cerrados… jajajaja