Presentada a V Noite Celta

A Noite Celta de Comando Celta resulta de obrigada visita e disfrute para todos aqueles que se atopen en disposición de pasalo ben. O último sábado do penúltimo mes do ano é data obrigada en toda axenda celtista. A Noite Celta, polo seu contido lúdico, gastronómico e musical, é das que deixan pegada, das que un obrígase a repetir ano a ano, dado o ambiente e animación que sempre ofrece.

Dende as súas primeiras edicións son convocados comandos e simpatizantes do noso Celta a acudir ó Furancho da Balsa a tomar boas tapas, todas elas caseiras, e regadas con bo viño, excelentes postres e sobre todo, non podía faltar o rei da mesa, o licor café.

Simultaneamente ós actos culinarios, este ano traemos unha actuación moi especial: Tony Lomba. O showman vigués traerá un espectáculo especial que esperamos dende a directiva sexa do voso agrado. Tamén ó longo da noite se celebran sorteos e o tradicional conxuro da queimada, para deleite de todos os asistentes.

—————————————————————————————–
Entrada + tapas: 11 € socios comando (coa cota desta temporada pagada) / 14 € simpatizantes
Tapas: Empanada, tortilla, orella, chourizo e callos
Roscón e café.
Viños e licores a bo prezo.
Carallada de balde.
Temos aforo limitado.

As entradas a venda o domingo 18 antes do Celta-Mallorca no local e o luns 19 de 19:00 a 20:00 no local tamen.

– ACTUALIZACIÓN 18/11/2012 –

ENTRADAS AGOTADAS!!! Grazas a todos e todas!!!

Los comentarios están cerrados.