Xoga con nos o 01923

Xa está dispoñible a lotería de Nadal da peña Comando Celta. Como ven sendo norma nos últimos anos, volvemos a xogar o 01923. Que mellor número que o ano de fundación do noso Real Club Celta de Vigo. Podedes comprar a vosa participación de cinco euros (non hai décimos) tanto no noso local no estadio de Balaídos como nas cervexerías The Movie (Rúa Eugenio Krapf esquina Fragoso), La Bull (Avenida Fragoso ao lado da Praza América), Cafetería Tribuna (enfrente ao estadio) e Bocatería La Trepa (Praza da Miñoca). Moita sorte a todos!!!

Los comentarios están cerrados.