Galería de fotos da comida de inicio de temporada

O pasado sábado 22 de setembro, horas antes do Celta-Getafe, celebramos no Furancho da Balsa a comida que deu o pistoletazo de saída a esta temporada 2012/13, a do retorno a Primeira división. Alí se reuniron decenas de comandos para xuntos vivir unha xornada de convivencia e presentación para os novos socios da nosa peña. Ademais serviu para entregar os novos carnés de socio de Comando Celta e para facer unha foto de grupo, que xa vos presentamos hai uns días nesta mesma web. A continuación podes ver todas as fotos.

From Comida inicio de temporada 2012/13, posted by Comando Celta on 9/27/2012 (65 items)

Generated by Facebook Photo Fetcher


Los comentarios están cerrados.