Presentamos os carnés da peña

Na comida de inicio de temporada, da que proximamente vos presentaremos unha galería de imaxes, celebrada no Furancho da Balsa de Matamá, presentamos os novos carnés de socio da peña Comando Celta. Cun deseño con motivos prateados polo vinte cinco aniversario que estamos a celebrar dende o pasado mes de marzo. Tódolos socios ao corrente de pago da cota anual recibiron xa o rematar o almorzo o seu propio carné.

Asómesmo aproveitamos en dito evento para facer unha foto de grupo cos nosos motivos e utilizando de fondo a cidade e a ría de Vigo. Ao longo desta semana subiremos a nosa web o resto das fotos de todo o vivido ao longo dunha gran xornada de celtismo e de ambiente comando que tivo a súa guinda coa vitoria en Balaídos do Celta sobre o Xetafe por 2-1.

Los comentarios están cerrados.