O noso local xa está listo
Foi un veran cheo de obras e reformas. Dende a semana de festexos polo ascenso a Primeira División, temos feito unha serie de arranxos para acondicionar o noso local. Pintamos de novo por completo: teito, paredes e chan, engadimos novo mobiliario, reparamos o existente, nova decoración e agora temos auga corrente.
Primeiro tivemos que baleirar por completo para poder comezar a pintar. Grazas a colaboración do Real Club Celta puidemos gardar todas as nosas cousas mentres duraban as obras. Procedemos a pintar por completo, dándolle unha nova pintura máis resistente no chan. Tamén, e grazas a Fontanería Landín, dotamos de auga corrente e lavabo para poder limpar o noso local con maior comodidade.
Fixemos unha pequena redistribución do mobiliario, descartando algún que xa nos era inservible, engadindo outro novo e arranxando outro para que poida ofrecer as súas mellores galas de cara ó inicio da competición. Hai nova decoración entre que destaca a nova cartelería e o mural das peñas, onde exhibiremos as bufandas das peñas amigas.
Todo isto para ter un local máis cómodo e mais moderno. Onde poder atendervos a todos os socios e simpatizantes. Maña dende unha hora antes xa podes pasarte. Aproveita para unirte a nos ou para comprar o noso merchandising.
From Local Comando, listo para el Debut…, posted by Comando Celta on 8/17/2012 (4 items)
Generated by Facebook Photo Fetcher
agosto 20th, 2012 a las 11:12
Ola!:
Dende a Peña Preferencia Celeste vos comunicamos que todavía temos prazas dispoñibles no autobús. Se alguén está interesado en unirse a nós que nos envíe correo a eventos@preferenciaceste.com
Un saúdo dende Preferencia.