Nova chaqueta oficial Comando

Xa vos podemos presentar a nova prenda oficial de Comando Celta. Unha chaqueta-sudadera elaborada en colaboración coa firma galega Trezze. Esta é a primeira sorpresa de varias que vos temos preparado para este nova temporada que comeza o próximo sábado. Pasamos a detallarvos os detalles e imaxes desta prenda, a forma para comprala e outros detalles relativos a nosa chaqueta.

Era unha prenda moi solicitada por tódolos nosos socios nos últimos meses e cremos ter acertado no seu deseño. O bo faise esperar. A chaqueta é de alta calidade con bos acabados e co noso logo, nome e outros detalles bordados con gran definición.

Para adquirila optamos por facelo por encargo. Tódolos socios tedes nos vosos correos electrónicos a forma de conseguila. O seu prezo é de 25 euros para os nosos socios e de 30 euros para os simpatizantes. Estes últimos se estades interesados en ela pasade polo noso local ou enviarnos un correo para ter máis información.

A continuación máis imaxes da nosa chaqueta.

A parte traseira coa bandeira de Vigo e o noso nome

Detalle da manga, o ano da fundación

O logo da peña no peito

Hai un Comentario en “Nova chaqueta oficial Comando”

  1. jose landin Dice:

    me gusta no habia visto la parte trasera, buen diseño bien la bandera de vigo,quizas le falte el NI UN PASO ATRASSS.. bueno con el tiempo todo se vera, es coña. yo quiero uno..