So os campións puideron con nos

Nunha xornada festiva e de amizade co resto das peñas, o noso equipo participou deixando unha moi boa imaxe no XV Torneo de Fútbol que organiza a Federación de Peñas do Real Club Celta de Vigo. Encadrados no grupo A, Comando Celta disputou os seus encontros no campo municipal de Chapela, no concello de Redondela, moi preto da cidade deportiva da Madroa.

O primeiro partido xogouse as 10:15 fronte a nosa peña amiga Carcamans Celestes, que viñeron dende a Illa de Arousa. Eran os actuais campións e así o demostraron. Ao descanso xa gañaban 2-0. O noso equipo pagaba a falta de acoplamento e coñecemento dos compañeiros. No descanso un cambio de fichas e a recolocación dalgun xogador, permitiron achegarse cun gol de Pablo, pero o noso rival puxo o terceiro tanto e finiquitou o encontro.

Case unha hora despois chegaba a segunda oportunidade. Esperaban o equipo da peña Río Ulla. O noso equipo fixo unha gran primeira parte, poñendo un 2-0 o descanso con goles de Pablo e Angel. Un par de decisións controvertidos do arbitro permitiron o empate na segunda parte do noso rival, pero de novo Pablo marcaba poñendo o 3-2 final.

E no derradeiro encontro, xa sen nada en xogo xa que Carcamans era lideres virtuais tras gañar os tres encontros, Comando enfrontouse a peña Fernando Vázquez, sustituta de Centro Celeste. Un solitario gol na primeira parte de Pablo e unha forte defensa permitiron levarse os tres puntos e conseguir unha meritoria segunda praza no grupo. Os compañeiros da Illa pasaron a semifinais, eliminando a peña Iago Aspas e despois na final a O Grove. Noraboa!

Rematamos a xornada comendo cos outros catro equipos clasificados para semifinais na carpa habilitada pola Federación no campo de Candean. Polbo a feira e carne a caldeiro puxeron o broche final a unha excelente xornada de celtismo.CLASIFICACIÓN FINAL GRUPO A:
1º Carcamans Celestes: 9 puntos
2º Comando Celta: 6 puntos
3º Fernando Vázquez: 3 puntos
4º Río Ulla: 0 puntos.Goleadores en Comando: Pablo Martínez 4 e Angel Cons 1.Fotos: Franchu (Axencia CC)

Arriba: Luis V., Gus, Cristian, Alex, Berto G., Pablo, Goofy, Camilo, Marcos y Juan (entrenador). Abajo: David, Adrian, Angel, Luis B., Rodri, Daviciño, Tintin, Berto V., Champy

Los comentarios están cerrados.