Recepción e visita á sede do Celta en Praza de España

O Real Club Celta invitounos o pasado sábado 21 a unha recepción e visita a súa sede social, o famoso chale de Praza de España. Guiados polo director comercial do club e o director da Fundación Celta, os nosos socios coñeceron o funcionamento do corazón do Celta, as súas dependencias e os lugares menos coñecidos.

A cita estaba posta para as doce do mediodía e con puntualidade galega comezou unha visita planeada con motivo do noso aniversario, dentro dos numerosos actos que temos previstos. Fomos recibidos por José María Goicoa, director da Fundación Celta, e por Camilo Lobato, director comercial do club. Tiveron que escusar a falta de Pedro Posada, vicepresidente do club, que por motivos persoais non puido finalmente acudir.

Nunha primeira parte coñecemos as catro plantas que forman a sede. Os despachos de Goicoa, Chaves e o presidente Mouriño, as oficinas de administración ou os distintos trofeos que adornan o edificio leváronse as primeiras fotos. Especial atención mereceu un cadro da colección privada do Celta coa figura de Mostovoi, onde os socios fixéronse unha chea de fotos.

Tamén houbo especial curiosidade por coñecer o departamento comercial e as salas dos escuteiros, Ratkovic e Santi Castro, no porán do chale. Ó finalizar a visita, o club invitou a un pequeno ágape na sala de xuntas, no que fixo entrega a Comando Celta dunha placa con motivo do noso aniversario e un póster do primeiro equipo firmado e dedicado. Chema Goicoa por parte do Celta e David Penela por parte da peña, fixeron o agradecemento a todos pola excelente xornada vivida.

Fotos: Champy (Axencia CC)

Los comentarios están cerrados.