A Reconquista Celeste foi un inmellorable comezo do XXV Aniversario

Dende as dez da noite comezou a encherse a discoteca Ferré, na zona do Areal, con centos e centos de celtistas que se uniron a nos no inicio dos actos do noso vinte cinco aniversario. Ademais da maioría dos nosos socios, contamos coa compaña de moitas peñas amigas, xogadores do primeiro equipo, directivos do Celta e moitos seareiros celestes anónimos que quixeron vivir connosco esta festa.

Unha alfombra vermella co logo do XXV aniversario recibía os asistentes xunto a dous grandes carteis de dous metros. Dentro, unhas telas celestes dábanlle o toque necesario para unha festa do celtismo. Pasadas as once da noite, chegaban varios directivos do clube, entre os que se encontraban o vicepresidente Barros e o director xeral Chaves. Xunto a eles, cinco xogadores do Celta: David Catalá, Iago Aspas, Roberto Lago, Jonathan Vila e o capitan Borja Oubiña. Queremos agradecerlles que nos acompañaran nun día tan especial para nos.

Así mesmo dar as grazas aos amigos das distintas peñas que nos acompañaron: Centolos Celestes, Irmandiños 1923, Arribada Celeste, Carcamans Celestes, Sufridores Celestes, Siareiros.net ou Canteira Celeste. Ademais unha representación da Federación da Peñas asistiu a festa.
Tamen facer unha mención especial aos nosos colaboradores: Riebog, Ron Barceló e o Real Club Celta de Vigo, pola sua axuda e patrocinio. A Andrea Vila polo deseño da cartelería e a Andrea Sánchez, Karpinha, polo montaxe audiovisual feito especialmente para a Reconquista. E os medios de comunicación, CeltaTV pola súa cobertura, Atlántico Diario e Faro de Vigo polo reportaxe do evento, e a El Fútbol es Celeste e MoiCeleste, que asistiron case que tódolos seus membros.

E non podemos rematar sen acordarnos dos máis de setecentos celtistas que estiveron con nos e da dirección da discoteca Ferré que facilitou en todo momento a organización e desenrolo da festa.

GRAZAS A TODOS.

 

Fotos de Jessica Valiñas e da peña Siareiros.net

Los comentarios están cerrados.