Ron Barceló, novo colaborador da Reconquista Celeste

Nas derradeiras horas pechamos un acordo coa firma Ron Barceló que pasa a ser colaborador da Festa Reconquista Celeste, organizada pola nosa peña o próximo 27 de marzo na discoteca Ferré. Grazas a elo, teremos varias ducias de agasallos para sortear entre os asistentes ó evento aportados pola firma.

Recordade que se queredes asistir a nosa festa so tedes que comprar a vosa entrada nos puntos de venda indicados, por tan só 1 euro. Tedes toda a información premendo aquí.

Queremos recordarvos tamén que a entrada ó local queda prohibida para todos os menores de 18 anos por indicacións da dirección do Ferré e que non se require ningunha vestimenta especial na festa.

Los comentarios están cerrados.