Festa da Reconquista Celeste
A peña inicia os seus actos do XXV aniversario da súa creación o próximo martes 27 de marzo cunha festa na discoteca Ferré (rúa Areal, 14 – Vigo) na véspera da festividade viguesa pola Reconquista da cidade. A partir das 22:00 horas os celtistas teñen unha cita onde estarán presentes os directivos, xogadores e técnicos do club así como antigos futbolistas do Celta e membros dos medios de comunicación.
As entradas custan 1€ e están xa á venda no noso local no estadio de Balaídos, nos baixos da grada de Marcador, e tamén nos seguintes puntos:
Cafetería The Movie
Rúa Eugenio Kraff, 33 (esquina Avda. Fragoso)
Bocatería Arredemo
Avenida Fragoso, 70
Cervexería La Bull
Avenida Fragoso, 9
Pub Faneco
Rúa Real, 48
Este é un evento organizado por Comando Celta, o patrocinio de Ron Barceló e a colaboración da empresa Riebog e o Real Club Celta de Vigo.