Entrada de balde para apoiar ó R.C. Celta feminino de baloncesto

Dende a directiva do Celta Baloncesto invitanos a todolos socios da peña a presenciar o encontro do próximo sábado 18 entre o conxunto celeste e o Obenasa navarro no pavillón de Navia. A cita é moi importante para o equipo de Carlos Colinas no seu obxetivo de lograla permanencia na máxima categoria do baloncesto feminino, nun ano moi difícil para o equipo.

Por elo e, dentro da campaña «Contigo, queremos ser 2.000», todolos socios da peña terán entrada de balde ó partido simplemente indicando que son de Comando Celta. O encontro é o sábado 18 de febrero, como indicamos, a partires das 18:00 horas no Pavillón de Navia, rúa Lamelas s/n.

Animamos a todos a asistir e axudar ó equipo irman do Real Club Celta para que consiga o seu obxetivo  enchendo o pavillón de celeste e animando durante todo o partido.

Los comentarios están cerrados.