Viaxe a Valladolid coa peña

De cara ó encontro Valladolid – Celta que se disputa o sábado 3 de marzo as 18:00 horas no estadio José Zorrilla, organizamos desprazamento en autobús ata a cidade pucelana no mesmo día para presenciar o encontro. A importancia do encontro, onde se enfrontaran dous dos máis importantes equipos na loita polo ascenso, fai que o noso apoio sexa esencial.

O autobús saíra do estadio de Balaídos en Vigo o propio sábado 3 as 7:00 horas con chegada prevista para comer na cidade castelá. A volta será ó rematar o encontro, en torno as 20:30 horas. O custo do desprazamento será de 20 euros, entrada aparte, xa que o club decidiu non subvencionar finalmente este viaxe como se lle plantexara.

Todos os socios interesados en viaxar poden inscribirse os xoves no noso local na grada de Marcador en horario de 19:00 a 21:00, ou o domingo 26 cando se celebra o Celta – Almería. Este domingo será o derradeiro día para anotarse.

Los comentarios están cerrados.