Encontro coa Penya Inmortal Girona

Outro ano máis que o Celta volveu xogar a Girona, e outra ocasión máis onde os compañeiros da Penya Inmortal Girona volveron a tratarnos de dez. Grazas a boa amizade que teñen cos amigos da Peña celtista Blau Cel de Barcelona, os da Inmortal abríronnos a súa casa para compartir as horas previas ao encontro xogado onte en Montilivi. So temos verbas de agradecemento ao bo trato que sempre teñen con nos, polo que agasallámoslles cunha bufanda da nosa peña para o seu local.

Como ven sendo norma dende que o Girona e o Celta atopáronse na Segunda división, as peñas do Girona e o Celta fixeron unha xornada de confraternización. Dende primeira hora da maña, o lugar de reunión fixado, o Bar Bon Iberic sé da Penya Inmortal, comezou a encherse de afeccionados de ámbolos dous equipos. Ademais da xa comentada peña local, tamén estiveron os membros da Penya Guixols-Costa Brava, e pola parte do Celta a parte da nosa peña e a xente de Blau Celta, había membros de Centolos, Milladoiro ou Siareiros.net.

Nun ambiente festivo e de festa, todos eles se dirixen ao lugar elixido para almorzar. o Restaurante 106, onde foron continuos os cánticos, as conversas e a festa. Trala comida e no momento das sobremesas, houbo un novo intercambio de agasallos entre as distintas peñas que asistiron ao acto. Entre elas o regalo de Comando Celta dunha das nosas bufandas aos Inmortal.

Posteriormente todos a Montilivi para presenciar o encontro. Por sorte, os nosos amigos celtistas puideron ver unha vitoria do Celta baixo unha forte chuvia na segunda parte. Dende aquí, un enorme agradecemento as xentes de Girona e os nosos socios, José Malvido e María Tanto, que tan ben nos representaron.

Todas as fotos xentileza da Peña celtista Blau Cel.

Los comentarios están cerrados.