Entrega das insignias de ouro do clube

A peña estivo presente na entrega das insignias de ouro do Real Club Celta ós socios-aboados que cumplían cincuenta anos no clube. Entre os que recibiron tan merecido homenaxe encontrase o pai do noso vocal José Acosta «Cuco», don José Eugenio Acosta Garrido, colaborador habitual da nosa agrupación. Foron once persoas as que levan tantos anos de paixón polas nosas cores, que xa viviron duas finais de Copa do Rei, todas as participación europeas e viron ao noso Celta en ata tres categorías distintas. 

Moitos recordos os que acumulan e que onte recordaron nun acto celebrado na Sé Social, na Praza de España. Presidiu o acto o presidente Carlos Mouriño que recoñeceu que «nos vemos reflexados en todos vostedes, por eses cincuenta anos de gran paixón ó celtismo». Os once homenaxeados foron José Ramón Barcia Martínez, José Eugenio Acosta Garrido, José Andrés García García, Antonio Fernández Martínez, Antonio González Ferreira, Bernardino Comesaña Goberna, José Rodríguez Rial, Manuel Villa Suárez, José Alonso Bernárdez, Raimundo Bermúdez Álvarez y Alfredo Cabrinetty Villalón.

Con só nove anos foi cando se fixo socio por primeira vez José Eugenio Acosta. O seu pai e avó do noso directivo, que tamen ten a honra de contar coa mesma insignia dende fai dez anos, levabao a Balaídos e foi o mesmo que fixo agora cos seus fillos, aos que en Comando Celta podemos dar fé que transmitiu o seu amor polo Celta e que lle acompañaron en tan emotivo acto.

Dende aquí o noso aplauso e parabens para o pai de Cuco, que facemos extensivo ós outros dez socios. Un exemplo a seguir.

 


Los comentarios están cerrados.