O próximo 25 de novembro chega a IV Noite Celta
A Noite Celta de Comando Celta resulta de obrigada visita e disfrute para todos aqueles que se atopen en disposición de pasalo ben. O último venres do penúltimo mes do ano é data obrigada en toda axenda celtista. A Noite Celta, polo seu contido lúdico, gastronómico e musical, é das que deixan pegada, das que un obrígase a repetir ano a ano, dado o ambiente e animación que sempre ofrece.
Dende as súas primeiras edicións son convocados comandistas e simpatizantes do noso Celta a acudir ó Furancho da Balsa a tomar boas tapas, todas elas caseiras, e regadas con bo viño, excelentes postres e sobre todo, non podía faltar o rei da mesa, o licor café.
Simultaneamente ós actos culinarios grupos de gaitas amenizan, dan cor e poñen o selo de identidade a unha festa que se prolonga ata a madrugada. Tamén ó longo da noite se celebran sorteos, música tradicional e baile galego, para deleite de todos os asistentes.
—————————————————————————————–
Entrada + tapas: 10 € socios comando / 12 € simpatizantes
Tapas: Empanada, tortilla, orella, chourizo e callos
Roscon e cafe.
Viños e licores a bo precio.
Carallada de balde.
Temos aforo limitado.
Inscripción: luns 21 e martes 22, no local da peña.