Kedada Celeste da Madroa

Para apoiar os nosos xogadores de cara ao derby deste domingo e mostrar a unidade do celtismo, as peñas Centolos Celestes, Irmandiños1923, Comando Celta, BlauCel e Celtarras convocamos a todos os celtistas a que acudan o sábado a partir das 11:00 horas á Cidade Deportiva da Madroa para dar o noso alento e a nosa forza ao equipo.

Animámosvos que acudades coas vosas camisetas celestes, as vosas bufandas e as vosas bandeiras. Que sintan que non estarán sos, que detrás deles estaremos todos, tanto no derby como en toda a tempada.

Acudide á Kedada Celeste da Madroa.

IMOS CELTA!

IMOS CELTISMO!

SEMPRE CELTA!

Los comentarios están cerrados.