Noel: The Irish Comand

Agora mesmo somos 5 celtistas en Cork: Noel, Sean, John, Terry e Patrick. O meu interese no Celta comeza cando o meu fillo Sean e eu vímolo xogar contra o Celtic en UEFA, o Celtic é o equipo ao que seguimos porque a liga irlandesa é semiprofesional. O noso equipo local é o Cork City, pero seguimos con máis interese ao noso equipo de hurling (*), o “Hurling Cork” (The Rebels). Por iso cando vimos ao Celta démonos conta de que había outro equipo céltico ao que podiamos apoiar. Desde entón estivemos siguindo a diario as noticias sobre o Celta desde a distancia. O meu irmán John tamén viu o partido na ILTV e decidiu apoiar ao Celta.

Na tempada 05/06 acordamos ir ver un partido a Vigo. Foi o último encontro da liga contra o Xetafe coa festa pola clasificación europea. Ese fin de semana, aínda que non conociamos a ninguén en Vigo, levámonos unha gran impresión da cidade, a xente e o club.

Esta preciosa experiencia animounos a que en xaneiro da pasada tempada trasladásemonos ao Nou Camp. Desde decembro estivemos buscando en foros do Celta para ver se poderíamos coñecer a afeccionados celestes en Barcelona. Foi así como a través de “Delcelta.com” e a marabillosa xente da peña “Blau Cel” tivemos un fantástico recibimento aquel día. Non se pode describir con palabras. Ata coñecemos ao presidente Mouriño.

Despois da marabillosa viaxe a Barcelona dous amigo meus —Patrick e Terry— decidiron que debiamos ir ver o partido do Celta en Zaragoza. Pero antes disto eu tiña previsto visitar a un amigo en Sevilla no fin de semana de San Patricio. Só máis tarde descubrín que o Celta xogaba en Sevilla ese día. No meu camiño ao estadio, e por casualidade, pasamos por diante do hotel do Celta, e alí volvemos coincidir co presidente que me invitou a ir ao palco a próxima vez que visitase Vigo.

En abril volvín estar con Blau Cel en Zaragoza xunto con Patrick e Terry que volveron encantados coa gran acollida. En maio Sean, John e eu fomos a Vigo a ver o partido contra o Levante e coñecemos o marabilloso grupo de “Comando Celta”. Grandioso fin de semana cunha xente fantástica, mágoa polo resultado.

Finalmente John e eu fomos ver o gran partido contra o Atlético en Madrid onde volvín estar coa xente de “Comando Celta”. Nós mantémonos informados dos partidos co programa da liga en Shy e os resultados en directo por internet e conseguimos moita información a través de “DelCelta.com”.

Despois de todo isto coñecemos a Xosé e Elena, dous afeccionados de Vigo que están vivindo en Dublín e propómonos montar unha peña celtista en Irlanda.

E a historia continúa, esperamos atopar máis celtistas irlandeses este ano,xa que hai un departamento de estudos galegos na Universidade de Cork e poremos anuncios da nosa peña para buscar novos membros.

Noel [Cork, setembro 2007]

(*) Deporte irlandés de orixe celta.

Los comentarios están cerrados.