XX Aniversario

11.10.2007

Un cento de celtistas estiveron presentes na cea na que se conmemorou o XX aniversario da nosa peña. O salón Aurora do Restaurante Don Pepe estaba engalanado para a ocasión con bandeiras e motivos de Comando Celta.

Xunto a membros históricos da peña estiveron presentes o presidente do RC Celta Carlos Mouriño xunto ó vicepresidente Ricardo Barros e o conselleiro Pedro Posada. Tamén acudiron en representación do club o delegado José Ricardo Fernández acompañado dos xogadores do primeiro plantel Jorge Larena e Antonio Guayre e os ex-xogadores Vlado Gudelj e Milorad Ratkovic.

Durante a cea proxectouse a cinta «20 anos de camiño» —que recolle a historia de Comando Celta dende a súa fundación— pasando, despois dos discursos e intercambios de agasallos, ó baile que estivo amenizado polo conxunto ‘Nostalgia’ rematando a velada ás 4 da madrugada.

 


 Reportaxe gráfica de Champy e JES

 

 

 

 

 

Vinte anos

Armando Álvarez, outubro 2007

Vinte anos. Gardel minte. É un longo aniversario. Polo menos para unha peña futbolística. As peñas teñen os seus propios ciclos. A meirande parte morre igual que xurde, de sócato, ou queda reducida a un nome con escasa sustancia. Son desas creadas para honrar a un xogador, que pronto deixou de ser estrela, ou no lume dunha tempada exitosa que as seguintes afean. Os cariños do balón son adolescentes, veñen e van. Romances de noventa minutos, estatuas que non se chegan a esculpir, autógrafos que un se arrepinte de ter colleitado. Na cerimonia de inauguración estaban todos, siareiros, plantel, directivos. Sorrían para a fotografía. Non queda hoxe nin a memoria do seu nome.

 

 

 

 

Los comentarios están cerrados.