Dez anos ó pé do canón

Por Benigno de la Torre [1997]

Ser afeccionado ó fútbol é tan complicado como sobrevivir, como das sen pedir nada a cambio, como levantarse cada mañá pensando só en facer a boa obra do día. Ser afeccionado do Celta tata esta temporada 97-98 foi algo así como imitar ó bo samaritano. Descensos, crises dos avais, asasinato, pérdas irreparables para o fútbol como a de Alvelo, golpes de man no Concello, conversión en Sociedade Anónima Deportiva e o romanticismo que daba sentido á defensa dunhas cores.

O celtismo, que visto dende fóra pode non significar nada máis que un lixeiro cpqueteo co mundo da fama, transfórmase nunha crenza firme, nunha relixión mundana e nun sustento da realidade deste equipo de fútbol cando se convive de preto cos «comandos». Tal sexa o contacto en O Canizo, nunha cidade perdida polo mapa da Primeira División nas súas numerosas viaxes acompañando ó equipo ou nunha tertulia sabatina no Don Balón mentres xogadores, directivos ou técnicos os saúdan co respecto que merece unha voz autorizada como é a desta peña.

Un en explícase a devoción dos «comandos» cando che falan de Sestao, palabra máxica no seu entorno, o dos derbis ante o Deportivo, do seu paso polas diferentes bancadas de Balaídos. Adivíñase o peso específico da súa opinión cando as augas turbias que baixan polo Lagares salpican os alierces do club vigués. «Comando» está sempre presente: para animar, para criticar, para empuxar, para colaborar, para organizar, para incentivar e para enarbolar a bandeira do celtismo alá por onde vaia.

Des anos ó pé do canón. Esta fiel e digna representación do primeiro club de Galicia merécese, por dereito, unha grande temproada e un futuro de recompensas deportivas, que sería algo así como recoller, por fin, o froito dunha colleita na que as mulleres e os homes de «Comando» participaron con palabras e con feitos, aínda que ás veces ás súas palabras alguén non lles tivese feito moito caso.

Los comentarios están cerrados.