Xa podes comprar Lotería de Nadal da peña

whatsapp-image-2016-11-04-at-20-14-49Xa está dispoñible a lotería de Nadal da peña Comando Celta. Como ven sendo norma nos últimos anos, volvemos a xogar o 01923. Que mellor número que o ano de fundación do noso Real Club Celta de Vigo. Podedes comprar a vosa participación de cinco euros (non hai décimos) tanto no noso local no estadio de Balaídos – entre a porta 11 e 12 – como no na cervexería Triketa (Avda. Fragoso, 9) ou na cafetería da AVV Val do Fragoso (Rúa Val Miñor, 1 – fronte a grada de Marcador) . Moita sorte a todos!!!

Los comentarios están cerrados.