Ven ó Sporting-Celta con Comando

viaje gijonCon motivo do Sporting-Celta organizamos un viaxe en autobús para todos os nosos socios, simpatizantes e celtismo en xeral. A saída será o sábado 9 de abril, ás 08:00 dende o noso local no Estadio de Balaídos e retorno o domingo 10 de abril ó rematar o encontro. A viaxe inclúe autobús e hotel de tres estrelas con almorzo.

O custe da viaxe é de 60€. Ós peñistas, sexa cal sexa a súa peña, seralle xestionada a súa entrada pola nosa parte. Ó que non sexa peñista deberá xestionar a súa entrada ó partido. Para anotarvos tedes duas oportunidades: o venres 25 e o luns 28 de 19:30 a 20:30 no noso local en Balaídos. Derradeira oportunidade para anotarse, o mercores 30 de 19:30 a 20:30 no noso local en Balaídos (ó carón da porta 12 do estadio).

As prazas son LIMITADAS polo que non esperedes para anotarvos.

Los comentarios están cerrados.