Falece o noso socio de honra, Basilio Ferreiro

11022585_955387151147605_370422476065389540_nHoxe é un día triste para o celtismo e para os comandos. O noso socio de honra e abonado número 1 do Celta faleceu esta maña. Viu nacer ó Celta, o primeiro partido en Balaídos, a primera final copeira do 48 ou o primeiro Celta europeo. 75 anos de abonado as súas costas dun home bo, afable e dunha memoria privilexiada. O luns Basilio fará o seu derradeiro cambio de grada e veranos dende ala arriba co seu sorriso e unha camiseta do Celta. Descanse en paz.

Los comentarios están cerrados.