De Bilbao a Campeche

10351334_316198885232497_8764422230721815100_nO pasado sábado 18 de outubro a nosa peña estivo presente en dous puntos distantes entre si en 8.400 kilometros. Por un lado, o noso vicepresidente estivo no campus do Celta na cidade mexicana de Campeche. E por outro, varias decenas dos nosos comandos acompañaron ó primeiro equipo na súa visita a San Mamés.

Suso Besada, vicepresidente de Comando Celta, e Rosa Teijeira aproveitaron un parón nas súas vacacións persoais para visitar aos nenos que se forman na cidade deportiva de Campeche e o Celta. Un proxecto que leva de forma moi directa a familia do presidente Carlos Mouriño no que centos de nenos fanse futbolistas en México. Aproveitamos a ocasión para agasallarlles con regalos da peña, entre eles unha bandeira xigante de Comando que xa ondea en terras mexicanas.

Mentres, ó outro lado do charco, máis de corenta socios desprazábanse en avión, autobús e coche ata Bilbao para vivir en directo o Athletic – Celta. O primeiro do club celeste dende se estrou por completo o novo San Mamés. Un ambiente inmellorable de fútbol e de convivencia entre afeccións que os nosos socios desfrutaron dende primeira hora da maña ata altas horas da noite. PicMonkey Collage

Fotos: Suso Besada, Sergio Riveiro, María Mantilla e Ángel Cons.

Los comentarios están cerrados.