Xa a venda a nosa lotería de Nadal

1800233_872069282812726_1295733407547327737_nXa está dispoñible a lotería de Nadal da peña Comando Celta. Como ven sendo norma nos últimos anos, volvemos a xogar o 01923. Que mellor número que o ano de fundación do noso Real Club Celta de Vigo. Podedes comprar a vosa participación de cinco euros (non hai décimos) tanto no noso local no estadio de Balaídos – entre a porta 11 e 12 – como no Celta Café-Museo no estadio de Balaídos e na cafetería da AVV Val do Fragoso (rúa Val Miñor, s/n – enfrente a grada de Marcador) . Moita sorte a todos!!!

Los comentarios están cerrados.