Comando Celta logra o pase á segunda fase como líder do grupo F

equipocomando

De pé: Carlos, Berto, Pedro, Javi, Pablo, Luis, Goofy, Camilo, Edu e Miguel – Sentados: David P., César, Davizinho, Álex, Noel, Tin e Ángel.

O equipo comando volve de novo a lograr o pase a segunda fase do torneo de peñas tras dous anos onde só a mala sorte deixouno fora da clasificación. Dúas vitorias e un empate danlle o liderado do grupo F a pesar de contar coas baixas de última hora por lesión de Goyo e Charly. Os homes adestrados por David Penela selaron a súa clasificación no derradeiro encontro coa goleada ante a peña celtista Milladoiro.

Pero antes houbo que pasar moito frío e correr outro tanto. Eran as 9:30 no campo de Cotogrande, sé da UD Santa Mariña de Cabral, cando nunha xeada maña, os equipos da peña celtista A Ría e Comando Celta abrían o grupo. Un encontro que tras uns minutos igualados e ocasións para ambos, foise decantado do lado dos comandos. Os futbolistas, neste partido xogando coa camisola suplente celeste, impuxeron a súa calidade cos goles de Pablo, Davizinho e Goofy.

As once da maña comeza o encontro máis complicado do día. A peña celtista Celtilikos esperábanos tras derrotar a Milladoiro. Adiantáronse dúas veces os amarelos, pero ambos tantos foron contrarrestados polos goles de Berto e, xa xogando con dez trala expulsión por dobre cartón amarelo de Edu, de Goofy nun saque de recuncho. Lamentar a lesión do porteiro rival nos minutos finais de forma fortuita.

E xa no derradeiro encontro, o equipo xa de branquivermello necesitaba gañar ante a peña celtista Milladoiro as 13:15 horas. E logrouno de forma folgada cunha goleada 8-1, onde houbo minutos para tódolos xogadores comando. Destacar a deportividade e bo humor dos rivais compostelás, que deberían ser un exemplo para moitos equipos do torneo da Federación de Peñas do R.C.Celta.

A Ría 0 – Comando Celta 3 (Pablo, Davizinho e Goofy)
Celtilikos 4 – Milladoiro 0
Comando Celta 2 (Berto e Goofy) – Celtilikos 2
Milladoiro 0 – A Ría 2
Celtilikos 0 – A Ría 2
Milladoiro 1 – Comando Celta 8 (Pablo, Berto (2), Luis (p.), Angel, David P., Cesar e Goofy)

CLASIFICACIÓN:
1º Comando Celta – 7 puntos (13 goles a favor e 3 en contra)
2º A Ría – 6 puntos (4 goles a favor e 3 en contra)
3º Celtilikos – 4 puntos (6 goles a favor e 4 en contra)
4º Milladoiro – 0 puntos (1 gol a favor e 14 en contra)

Los comentarios están cerrados.