Chega o Concerto Comando

cartelpelepauVai chegando o cabodano do 2013 e hai que ir celebrando como se merece estes doce meses. E que mellor data que o próximo 7 de decembro, tras o encontro de Copa do Rei ante o Athletic Club. Reunirémonos un chisco despois do remate no auditorio da AVV Val do Fragoso (enfronte a grada de Marcador) para facer unha gran troula. Estarán connosco como actuación central o grupo Pelepau, uns rapaces de Vigo que so con percusión e as súas voces tráenos temas tradicionais galegos.

ero antes, dende as once da noite, teremos a previa do concerto con aperitivos para todos. E tamen despois, xa que tras Pelepau haberá sorteo de agasallos celestes e fin de festa ata que o corpo aguántevos. Esta festa non sería posible sen a axuda dos nosos colaboradores Ron Barceló, Estrella Galicia, Panadería O Progeso, Riebog e Real Club Celta de Vigo. O custe da entrada será de 8 euros para público en xeral, sendo para os socios de Comando Celta de 7 euros. O aforo é limitado!

Polo tanto, non vos quededes sen a vosa entrada. Estarán a venda no noso local en Balaídos os luns e xoves de 18:30 a 20:30, a partir do día 25 de novembro, e antes dos encontros Celta-Almería e Celta-Athletic, salvo que se esgoten antes. Tamen a vosa disposición na Cafetería Tribuna, na Cervexería The Movie e no Celta Café-Museo.

Esperámosvos a todos para pasar unha boa noite de festa!

 

Los comentarios están cerrados.