Gran día, so faltou a vitoria
O pasado domingo 29 de setembro voltamos a realizar unha nova xornada de celtismo entre os nosos socios e simpatizantes dende ben prontiño. Xantamos todos xuntos no Centro Cultural Val do Fragoso, coa colaboración da asociación de veciños e da firma Don Gusto Cocineros, cunha sobremesa que se estendeu ata as cinco.
As nosas novas bufandas foran as estrelas da previa e ademais recibimos a visita dos siareiros do club alemán Holstein Kiel. Unha gran xornada pero que non foi culminada cunha vitoria do noso Celta. Pero aínda estamos comezando e esperamos que cheguen xornadas mellores no futbolístico.
Podedes gozar a continuación dunha selección das mellores imaxes do día:
Error 100: Your album id doesn’t appear to be accessible.