Nova bufanda Comando

IMG_4093Un clásico renovado. Mellorado e modernizado. Xa está aquí a nova bufanda da peña Comando Celta. Feito xunto ao equipo do noso colaborador Riebog, unha empresa galega de O Porriño, o novo merchandising chega cuns estándares de calidade e de deseño ó máximo nivel. Seguindo a liña que vimos marcando dende a saída da chaqueta da peña: colores celeste e negro, tipoloxía Army e ano da fundación sempre presente.

Xunto ó nome en negro, sobre fondo celeste, achéganse en cada extremo o escudo do Celta e o logo de Comando. Ámbolos dous xunto os anos que marcan a súa historia. Porque vimos de cumprir 25 anos no 2012 e o noso Celta celebra esta temporada o seu 90 aniversario.

Dende xa á venda no noso local no estadio de Balaídos, xa sabedes que estamos nos baixos de Marcador entre a porta 11 e 12. E deixamos para o final o mellor, o prezo. Para os nosos socios tan só a 6 euros, e para os non socios 8 euros.

Non te quedes sen ela!

Error 100: Your album id doesn’t appear to be accessible.

Los comentarios están cerrados.