Convocatoria: Non nos rendemos

Di o refraneiro popular que cando un se cae sempre está obrigado a erguerse. En Vigo, cidade esixente por natureza, fixemos dese dito o noso particular lema. Noventa anos de historia nos que o sufrimento e as bágoas de angustia eran os nosos compañeiros de viaxe. Claro que de cando en vez adornados por un sorriso, pero o certo é que o noso sempre foi a loita contra todo tipo de tempestades para intentar obter, todo mes de xuño, unha permanencia, unha promoción ou, se as cousas non ían de todo mal, un lugar en Europa. Pero sempre loitando ata o final, sabendo que ninguén ía dar nada por nós e erguéndonos cada vez que tropezabamos. Así somos e así seremos sempre.

A oito partidos do final, a situación é límite. Non hai marxe de erro. Pero #NonNosRendemos. E vós, celtistas, xogades agora un papel fundamental. Vós sodes agora os protagonistas. O voso alento e o voso ánimo é necesario e obrigado para un equipo que o luns afronta a súa primeira final a vida ou morte.

Polo tanto, e porque #NonNosRendemos, querémosvos convocar o próximo domingo a partir das 11 da mañá en Balaídos A Madroa. Alí o Celta fará o último adestramento antes do choque ante o Mallorca. A vosa presenza é fundamental para que o equipo note que non está só, que conta con todo o apoio.

Convocan:
MEDIOS:
NoticiasCelta.com
MoiCeleste.com
El Fútbol es Celeste
MeuCelta.com
DelCelta.com
PEÑAS:
Arribada Celeste
Irmandiños
Siareiros.net
Carcamans Celestes
Preferencia Celeste
Morriña Celeste
Centolos Celestes
Peña SuperMario Celeste
Peña Lío en Río
Peña Jorge Otero
Celtílikos
Comando Celta
Siareiros Dezaos
Merlegos Celestes
Peña Iago Aspas
Peña Zuri-Urdin

Actualización (12/04): O club decidiu trasladar o entrenamento para A Madroa, polo que a convocatoria trasladase a ditas instalacións deportivas celestes.

Hai 2 Comentarios en “Convocatoria: Non nos rendemos”

  1. Zeru Urdin Dice:

    dende a peña Zeru Urdin tamen queremos unirnos a esta convocatoria, Non Nos Rendemos!

  2. Marta Dice:

    Blau Cel también estará presente!!!!!!!