Archivo | noviembre, 2016
Chega unha nova edición da Noite Celta
A Noite Celta de Comando Celta resulta de obrigada visita e desfrute para todos aqueles que se atopen en disposición de pasalo ben. O último sábado do penúltimo mes do ano é data obrigada en toda axenda celtista. A Noite Celta, polo seu contido lúdico, gastronómico e musical, é das que deixan pegada, das que un obrígase a repetir ano a ano, dado o ambiente e animación que sempre ofrece. Leer Más
Xa podes comprar Lotería de Nadal da peña
Xa está dispoñible a lotería de Nadal da peña Comando Celta. Como ven sendo norma nos últimos anos, volvemos a xogar o 01923. Que mellor número que o ano de fundación do noso Real Club Celta de Vigo. Podedes comprar a vosa participación de cinco euros (non hai décimos) tanto no noso local no estadio de Balaídos – entre a porta 11 e 12 – como no na cervexería Triketa (Avda. Fragoso, 9) ou na cafetería da AVV Val do Fragoso (Rúa Val Miñor, 1 – fronte a grada de Marcador) . Moita sorte a todos!!!
Derradeiros Comentarios