Archivo | febrero, 2015
Falece o noso socio de honra, Basilio Ferreiro
Hoxe é un día triste para o celtismo e para os comandos. O noso socio de honra e abonado número 1 do Celta faleceu esta maña. Viu nacer ó Celta, o primeiro partido en Balaídos, a primera final copeira do 48 ou o primeiro Celta europeo. 75 anos de abonado as súas costas dun home bo, afable e dunha memoria privilexiada. O luns Basilio fará o seu derradeiro cambio de grada e veranos dende ala arriba co seu sorriso e unha camiseta do Celta. Descanse en paz.
Galería de imaxes: Viaxe á Coruña
Despois de varios anos sen poder acudir, Comando Celta volveu a apoiar ó noso equipo en territorio inimigo. O estadio de Riazor viu pasar un lostrego celeste que gañou 0-2 ó Coruña, con goles de Charles e Larrivey. Aquí van as imaxes da previa que fixemos no Restaurante Tasca Nova, a saída do noso autobús dende o estadio de Balaídos e como vivimos a vitoria nas gradas de Riazor. Leer Más
Galería de imaxes: Viaxe a Donostia
Outro ano máis organizamos unha viaxe para todos os nosos socios e todo aquel celtista que quixera acompañarvos. Este ano o elixido foi o encontro que xogou o Celta o pasado sábado 7 de febreiro no estadio de Anoeta. A pesares do mal tempo no viaxe de ida, con moito frío e neve, pasamos unha gran fin de semana en San Sebastián e cun puntiño máis na buchaca. Foron 48 horas de celtismo, con moitas horas metidos nun autobús. E aquí tedes a selección de todas as fotografías que fixeron na Axencia CC. Leer Más
Derradeiros Comentarios