Archivo | noviembre, 2014

A VI Noite Celta en imaxes

1 [800x600]O pasado 22 de novembro vimos de celebrar a sexta edición da Noite Celta. Como ocorreu dende o primeiro ano, o Furancho da Balsa volveu a acoller a nosa festa máis tradicional. O “crooner” vigués Tony Lomba animou a festa en dous pases, na comida e tras as sobremesas, que queceron o ambiente do local. Mais dun cento de celtistas tomaron as mellores viandas do noso pais, as bebidas mais espirituosas e esgotaron toda a troula ata altas horas da madrugada. O fin de festa viu marcado polo xa tradicional sorteo de agasallos doados polos nosos colaboradores e a queimada para espantar os malos meigallos. Leer Más

Presentada a VI Noite Celta

CARTEL NOITE CELTA 2014 [800x600]A Noite Celta de Comando Celta resulta de obrigada visita e disfrute para todos aqueles que se atopen en disposición de pasalo ben. Durante un sábado do penúltimo mes do ano é data obrigada en toda axenda celtista. A Noite Celta, polo seu contido lúdico, gastronómico e musical, é das que deixan pegada, das que un obrígase a repetir ano a ano, dado o ambiente e animación que sempre ofrece. Leer Más