Archivo | Diciembre, 2013

Bo Nadal!

felicitacion navideña comando MARCO

O Concerto Comando en fotos

1A nosa peña ven de celebrar no auditorio da asociación de veciños Val do Fragoso, a primeira edición do Concerto Comando. Un novo evento onde reunirnos para pasar unha noite de troula entre celtistas. A música veu da man do grupo vigués de música tradicional Pelepau e co fin de festa a cargo de Weif DJ. Unha noite a do pasado sábado 7 de decembro onde máis de cen amigos xuntáronse xunto a nós. Recordade o Concerto cas fotos da Axencia CC e Alejandro Carballido a continuación. Leer Más

Galería de imaxes: Torneo de peñas

aIMG_2087O pasado 6 de Nadal disputouse unha nova edición do Torneo das peñas do Celta, no que o noso equipo quedou encadrado no grupo F. Xunto as peñas A Ría, Celtilikos e Milladoiro disputamos os nosos encontros no campo de Cotogrande, onde habitualmente xoga o equipo Santa Mariña da parroquia viguesa de Cabral. Velaquí vos deixamos unha selección das mellores fotos do día que rematou co pase de Comando Celta á segunda fase. Leer Más

Comando Celta logra o pase á segunda fase como líder do grupo F

equipocomando

De pé: Carlos, Berto, Pedro, Javi, Pablo, Luis, Goofy, Camilo, Edu e Miguel – Sentados: David P., César, Davizinho, Álex, Noel, Tin e Ángel.

O equipo comando volve de novo a lograr o pase a segunda fase do torneo de peñas tras dous anos onde só a mala sorte deixouno fora da clasificación. Dúas vitorias e un empate danlle o liderado do grupo F a pesar de contar coas baixas de última hora por lesión de Goyo e Charly. Os homes adestrados por David Penela selaron a súa clasificación no derradeiro encontro coa goleada ante a peña celtista Milladoiro. Leer Más