Archivo | Noviembre, 2013

Chega o Concerto Comando

cartelpelepauVai chegando o cabodano do 2013 e hai que ir celebrando como se merece estes doce meses. E que mellor data que o próximo 7 de decembro, tras o encontro de Copa do Rei ante o Athletic Club. Reunirémonos un chisco despois do remate no auditorio da AVV Val do Fragoso (enfronte a grada de Marcador) para facer unha gran troula. Estarán connosco como actuación central o grupo Pelepau, uns rapaces de Vigo que so con percusión e as súas voces tráenos temas tradicionais galegos. Leer Más

A lotería do 90 aniversario con Comando

1391724_681001241919532_2136981933_nXa está dispoñible a lotería de Nadal da peña Comando Celta. Como ven sendo norma nos últimos anos, volvemos a xogar o 01923. Que mellor número que o ano de fundación do noso Real Club Celta de Vigo e máis este ano que se cumpren 90 anos. Podedes comprar a vosa participación de cinco euros (non hai décimos) tanto no noso local no estadio de Balaídos – entre a porta 11 e 12 – como no Celta Café-Museo no estadio de Balaídos e na cafetería da AVV Val do Fragoso (rúa Val Miñor, s/n – enfrente a grada de Marcador) . Moita sorte a todos!!!

ACTUALIZACIÓN 24/11: Só a venda xa no noso local.