Archivo | enero, 2013

Galería de imaxes da visita a Balaídos

IMG_0609 [640x480]O pasado sábado 12 de xaneiro organizamos para os nosos socios unha visita polas zonas reformadas polo Real Club Celta do estadio de Balaídos. Cun guía de excepción, os comandos tiveron acceso ó palco reformado, a zona de negocios, os novos vestiarios ou á sala de prensa. Ademais puideron sentirse por un intre coma un futbolista do Celta o poder sentarse nos novos bancos ou pisar o céspede. A continuación tódalas fotos que fixo a Axencia CC da maña de visita. Leer Más

Galería de imaxes do Torneo XXV Aniversario

00 portada [640x480]O pasado 29 de decembro celebramos nas instalacións deportivas do Real Club Celta de Vigo en A Madroa unha nova edición do Trofeo Comando Celta, nesta ocasión en forma de torneo de fútbol sete e ampliado polo noso XXV aniversario dende a fundación aló por 1987. As peñas Sobran os Motivos, Arribada Celeste, Siareiros.net+Canteira Celeste, Centolos Celestes, Irmandiños 1923 e nos mesmos vivimos unha maña de celtismo que rematamos compartindo un bo cocido. Premendo el ler máis podedes ver todas as fotos. Leer Más

Centolos Celestes, campión do torneo XXV aniversario

50Nunha gran xornada de convivencia celtista, a peña Centolos Celestes logrou levarse para a súa vitrina o trofeo doado por Deportes Balbi como campión do torneo XXV Aniversario de Comando Celta. Nunha apertada final fronte o equipo da nosa peña, chegouse ós penaltis onde a “nasa amarela” estivo máis atinada na pena máxima. Leer Más