Archivo | noviembre, 2012

A Noite Celta en imaxes (I)

O pasado 24 de novembro vimos de celebrar a quinta edición da Noite Celta. Como ocorreu dende o primeiro ano, o Furancho da Balsa volveu a acoller a nosa festa máis tradicional. Nesta ocasión viu marcada pola coincidencia cos festexos neste 2012 do XXV Aniversario de Comando Celta, por elo decidimos botar a casa pola fiestra. O “crooner” vigués Tony Lomba animou a primeira parte da festa, continuando ata o fin o tradicional grupo de gaiteiros do furancho. Un cheo completo, coas entradas vendidas na súa totalidad dende unha semana antes, marcou un evento que reuniu a máis de 100 celtistas de distintas peñas xa que nos acompañaron membros de Centolos Celestes, Carcamans, Siareiros ou Blau Cel. A continuación a primeira parte de todalas fotos tomadas pola Axencia CC. Leer Más

Presentadas oficialmente as nosas chaquetas en Balaídos

O pasado domingo 18, antes da celebración do encontro Celta-Mallorca, a nosa peña fixo a presentación oficial da chaqueta-sudadera de Comando Celta. Cunha sesión de fotos onde participaron os nosos socios, a Axencia CC tomou unha serie de imaxes de todos eles ca chaqueta en distintos lugares do céspede: no medio do campo, na portería ou nos banquillos. A prenda, realizada en colaboración coa empresa galega Trezze, está sendo un éxito de vendas como demostra que se acaba de pechar a segunda quenda de pedidos a firma deseñadora.  Leer Más

Presentada a V Noite Celta

A Noite Celta de Comando Celta resulta de obrigada visita e disfrute para todos aqueles que se atopen en disposición de pasalo ben. O último sábado do penúltimo mes do ano é data obrigada en toda axenda celtista. A Noite Celta, polo seu contido lúdico, gastronómico e musical, é das que deixan pegada, das que un obrígase a repetir ano a ano, dado o ambiente e animación que sempre ofrece. Leer Más