Archivo | Octubre, 2012

O derbi por Comando

O pasado sábado 27 de novembro disputouse en Balaídos un novo derbi entre o Real Club Celta e o Deportivo da Coruña. E velaquí están todas as imaxes e fotos que o nosa axencia CC sacou do que se viviu antes, durante e despois do encontro que rematou con empate a un gol. Ademais o noso enviado especial a pé de céspede, Champy, tivo a oportunidade de poder vivilo doutra maneira e darnos unhas cantas fotos especiais do publico. Premendo en Ler Máis tedes toda a galería.
Leer Más

As fotos da segunda Oktobeercelta

Por segundo ano consecutivo levamos a cabo a nosa particular festa da cervexa xunto ás peñas Centolos Celestes e Irmandiños 1923. Coa colaboración da organización da festa na Praza do Rei de Vigo, decenas de celtistas das tres peñas reuníronse a noite do venres 26 e pasaron xuntos as horas previas ao derbi fronte ao Coruña que se xogou ó día seguinte en Balaídos. Todas as imaxes premendo en Ler Máis. Leer Más

Xoga con nos o 01923

Xa está dispoñible a lotería de Nadal da peña Comando Celta. Como ven sendo norma nos últimos anos, volvemos a xogar o 01923. Que mellor número que o ano de fundación do noso Real Club Celta de Vigo. Podedes comprar a vosa participación de cinco euros (non hai décimos) tanto no noso local no estadio de Balaídos como nas cervexerías The Movie (Rúa Eugenio Krapf esquina Fragoso), La Bull (Avenida Fragoso ao lado da Praza América), Cafetería Tribuna (enfrente ao estadio) e Bocatería La Trepa (Praza da Miñoca). Moita sorte a todos!!!

Nos non fixemos parón nesta ponte

Durante a ponte de outubro a peña non parou a súa actividade. O xoves 11 tivemos a asemblea ordinaria anual, onde todos os puntos aprobáronse por unanimidade e se entregou a primeira remesa de chaquetas da peña, e ó día seguinte o noso equipo de fútbol participou nun novo torneo de peñas, rematando invicto pero non logrou o pase a seguinte fase. Todas as fotos dos nosos fotógrafos, Franchu e Champy, sobre ambos eventos premendo en Ler Máis. Leer Más