Archivo | Septiembre, 2012

Galería de fotos da comida de inicio de temporada

O pasado sábado 22 de setembro, horas antes do Celta-Getafe, celebramos no Furancho da Balsa a comida que deu o pistoletazo de saída a esta temporada 2012/13, a do retorno a Primeira división. Alí se reuniron decenas de comandos para xuntos vivir unha xornada de convivencia e presentación para os novos socios da nosa peña. Ademais serviu para entregar os novos carnés de socio de Comando Celta e para facer unha foto de grupo, que xa vos presentamos hai uns días nesta mesma web. A continuación podes ver todas as fotos. Leer Más

Presentamos os carnés da peña

Na comida de inicio de temporada, da que proximamente vos presentaremos unha galería de imaxes, celebrada no Furancho da Balsa de Matamá, presentamos os novos carnés de socio da peña Comando Celta. Cun deseño con motivos prateados polo vinte cinco aniversario que estamos a celebrar dende o pasado mes de marzo. Tódolos socios ao corrente de pago da cota anual recibiron xa o rematar o almorzo o seu propio carné. Leer Más