Archivo | Junio, 2012

Galería de fotos do día do ascenso. A volta do Celta á Primeira.

O pasado domingo 3 de xuño vivimos un dos máis grandes días de festa do celtismo. O noso Celta volvía despois de cinco anos a Primeira División. Por iso queremos compartir con todos como pasamos dita xornada. A caravana polas rúas de Vigo da maña, a comida de xuntanza do mediodía, a previa do encontro, a festa no céspede e na grada e o post partido. Esperemos que gocedes das fotos e queden para a lembranza do que foi unha festa en maiúsculas.  Leer Más

Un autobús descapotable de Comando creou ambiente o día do ascenso

Como ocorre sempre que o Celta pode conquerir algunha meta importante na súa historia, a nosa peña intenta participar creando o mellor ambiente posible. É unha tradición facelo coa contratación pola nosa parte dun autocar descapotable de dúas plantas. Por iso o pasado domingo, o día da volta a Primeira, puidestes ver polas rúas de Vigo e especialmente nos arredores de Balaídos. Agora vos ensinamos as imaxes de cómo se fixo, do paseo na maña do domingo e da festa tralo encontro. Leer Más

Voltamos!

Cinco anos longos dunha noite de pedra. De sufrir como cans no inferno. De chorar de pena e de ledicia. Cinco anos. Pero xa rematou, o Celta volve o seu lugar, a onde nunca tivo que marchar. Volve a ser un club de Primeira. Porque nin nos nin ninguén no celtismo deixou nunca de selo. NORABOA! Leer Más