Archivo | Marzo, 2012

A Reconquista Celeste foi un inmellorable comezo do XXV Aniversario

Dende as dez da noite comezou a encherse a discoteca Ferré, na zona do Areal, con centos e centos de celtistas que se uniron a nos no inicio dos actos do noso vinte cinco aniversario. Ademais da maioría dos nosos socios, contamos coa compaña de moitas peñas amigas, xogadores do primeiro equipo, directivos do Celta e moitos seareiros celestes anónimos que quixeron vivir connosco esta festa. Leer Más

A Reconquista Celeste adiantase ás dez da noite.

Por razóns alleas a nos, a festa Reconquista Celeste cambia o seu horario de comezo das 23:00 ás 22:00. Recorda, se queres vivir unha festa do celtismo, estar cos xogadores, os directivos, os técnicos ou veteranos do noso Celta, a partir das dez da noite na discoteca Ferré, en Areal 14, tes a túa oportunidade. As entradas seguen a venda nos puntos indicados.

Cumprimos 25 anos “dando caña”

Ron Barceló, novo colaborador da Reconquista Celeste

Nas derradeiras horas pechamos un acordo coa firma Ron Barceló que pasa a ser colaborador da Festa Reconquista Celeste, organizada pola nosa peña o próximo 27 de marzo na discoteca Ferré. Grazas a elo, teremos varias ducias de agasallos para sortear entre os asistentes ó evento aportados pola firma. Leer Más

O reportaxe de Canal+ gravou sobre o Celta e a nosa participación

O pasado venres 16 emitiuse no canle de pago Canal+Liga unha nova edición do seu programa “Club de Fútbol”, nesta ocasión dedicado ó noso Real Club Celta de Vigo. Entre as múltiples presenzas de directivos, xogadores e técnicos, houbo un apartado final para a afección celeste cas verbas polo noso secretario e portavoz, David Penela, e un compañeiro de Centolos Celestes, Javier Vaz. Premendo en Ler Maís podedes ver o programa completo. Leer Más

Comando protagoniza dúas reportaxes en Celta TV

A recen nacida Celta TV, a canle de televisión oficial do Real Club Celta, xa fixo dous programas sobre a nosa peña. O primeiro foi un dos que inaugurou o canle a pasada semana, unha reportaxe sobre a peña e a súa historia gravado a principios de xaneiro e durante o Alcoiano-Celta. O segundo é sobre a viaxe a Pucela onde dous membros da televisión viaxaron nos buses que organizamos con Centolos e Irmandiños vivindo como leva Comando o seu celtismo fora de Vigo. Se pulsas en Ler Máis podes ver ambos. Leer Más

As fotos do viaxe a Pucela

A axencia CC volve a carga cas fotos que fixemos do noso viaxe a Valladolid do pasado sábado 3 de marzo. Unha selección feita polos nosos profesionais entre todo o material fotográfico recolectado. A saida dende Vigo, as horas camiño da cidade pucelana, as horas previas no centro de Valladolid, o encontro ou a festa tralo pitido final son parte de todo o que podedes encontravos neste album. Que o disfrutedes.  Leer Más

Festa da Reconquista Celeste

A peña inicia os seus actos do XXV aniversario da súa creación o próximo martes 27 de marzo cunha festa na discoteca Ferré (rúa Areal, 14 – Vigo) na véspera  da festividade viguesa pola Reconquista da cidade. A partir das 22:00 horas os celtistas teñen unha cita onde estarán presentes os directivos, xogadores e técnicos do club así como antigos futbolistas do Celta e membros dos medios de comunicación. Leer Más