Archivo | Enero, 2012

Encontro coa Penya Inmortal Girona

Outro ano máis que o Celta volveu xogar a Girona, e outra ocasión máis onde os compañeiros da Penya Inmortal Girona volveron a tratarnos de dez. Grazas a boa amizade que teñen cos amigos da Peña celtista Blau Cel de Barcelona, os da Inmortal abríronnos a súa casa para compartir as horas previas ao encontro xogado onte en Montilivi. So temos verbas de agradecemento ao bo trato que sempre teñen con nos, polo que agasallámoslles cunha bufanda da nosa peña para o seu local. Leer Más

Entrega das insignias de ouro do clube

A peña estivo presente na entrega das insignias de ouro do Real Club Celta ós socios-aboados que cumplían cincuenta anos no clube. Entre os que recibiron tan merecido homenaxe encontrase o pai do noso vocal José Acosta “Cuco”, don José Eugenio Acosta Garrido, colaborador habitual da nosa agrupación. Foron once persoas as que levan tantos anos de paixón polas nosas cores, que xa viviron duas finais de Copa do Rei, todas as participación europeas e viron ao noso Celta en ata tres categorías distintas.  Leer Más

Volve o fútbol, voltamos a dar caña

Este venres volven os partidos da Liga Adelante, polo que vos recordamos que a partires das 21:00 estamos convocados para ver o Alcoiano-Celta no noso lugar de costume, a cafetería Mundial 82. Non vos olvidedes de traervos todas as vosas camisolas celestes, bufandas de Comando e demáis vestimentas para dar cor ó bar neste primeiro partido do 2012. E así poder celebrala victoria xuntos no día de Reis.