Archivo | Comando Feed RSS para esta sección
Galería de imaxes: VII Noite Celta
Unha noite máis as nosas costas. E unha vez máis outro éxito. Decenas de comandos e simpatizantes da nosa agrupación reunironse o pasado 26 de novembro no restaurante vigués El Gran Danubio Azul para gozar dun cocido galego e de filloas recheas. Excepcional ambente onde tamén contamos coa presenza de varios dos nosos colaboradores, os cales non podemos máis que estar agradecidos polo centenar de agasallos que aportaron. Leer Más
Chega unha nova edición da Noite Celta
A Noite Celta de Comando Celta resulta de obrigada visita e desfrute para todos aqueles que se atopen en disposición de pasalo ben. O último sábado do penúltimo mes do ano é data obrigada en toda axenda celtista. A Noite Celta, polo seu contido lúdico, gastronómico e musical, é das que deixan pegada, das que un obrígase a repetir ano a ano, dado o ambiente e animación que sempre ofrece. Leer Más
Xa podes comprar Lotería de Nadal da peña
Xa está dispoñible a lotería de Nadal da peña Comando Celta. Como ven sendo norma nos últimos anos, volvemos a xogar o 01923. Que mellor número que o ano de fundación do noso Real Club Celta de Vigo. Podedes comprar a vosa participación de cinco euros (non hai décimos) tanto no noso local no estadio de Balaídos – entre a porta 11 e 12 – como no na cervexería Triketa (Avda. Fragoso, 9) ou na cafetería da AVV Val do Fragoso (Rúa Val Miñor, 1 – fronte a grada de Marcador) . Moita sorte a todos!!!
Campaña de socios 2016/17: Volta a Europa
Comeza a nova campaña de socios para a temporada 2016/17, a do trinta aniversario. A da volta a competicións europeas. Xa podes unirte a peña Comando Celta e vivir o Celta xunto a nos durante todo un ano. Únete a unha das peñas máis lonxevas do celtismo e terás a man todas as vantaxes de ser un “comando”. Descontos no noso merchandising, nas viaxes, nos eventos que organicemos, etc… e ademais formar parte do mundo das peñas do Celta. Leer Más
Ven ó Sporting-Celta con Comando
Con motivo do Sporting-Celta organizamos un viaxe en autobús para todos os nosos socios, simpatizantes e celtismo en xeral. A saída será o sábado 9 de abril, ás 08:00 dende o noso local no Estadio de Balaídos e retorno o domingo 10 de abril ó rematar o encontro. A viaxe inclúe autobús e hotel de tres estrelas con almorzo. Leer Más
Campións do Torneo de Nadal de Arribada Celeste
O noso equipo de fúbol proclamouse campión do Torneo de Nadal que organizou a peña Arribada Celeste, no campo do Aral en Baiona, o pasado sábado 2 de xaneiro. Enfrontouse nun cuadrungular cos equipos das peñas Centolos Celestes, Colectivo Nós e os anfitrións de Arribada Celeste. Foi o primeiro na liguilla inicial e gañou con claridade ao equipo de Nós na gran final por un tanteo de 8-4. Pero ademáis serviu para reunir máis de 100kg de alimentos para unha ONG local. Leer Más
A lotería de Comando xa está a venda
Xa está dispoñible a lotería de Nadal da peña Comando Celta. Como ven sendo norma nos últimos anos, volvemos a xogar o 01923. Que mellor número que o ano de fundación do noso Real Club Celta de Vigo. Podedes comprar a vosa participación de cinco euros (non hai décimos) tanto no noso local no estadio de Balaídos – entre a porta 11 e 12 – como no Celta Café-Museo no estadio de Balaídos, na cervexería Triketa (Avda. Fragoso, 9) ou no restaurante Arrepío (Travesía de Santiago de Vigo, s/n) . Moita sorte a todos!!!
Galería de imaxes: Viaxe a A Coruña
Un ano mais estivemos xunto ó Celta no derbi en Riazor. Esta temporada quixemos darlle unha volta de tuerca, facendo a previa en Compostela visitando a cidade compostelá, á peña Merlegos Celestes e comendo na capital galega. Non puido rematarse gañando en A Coruña pero fixose todo o posible. E como sempre o de sempre…”que nos quiten lo bailao!!!” e FORZA CELTA!! Leer Más
Derradeiros Comentarios