Archivo | Historia Feed RSS para esta sección

Cumprimos 25 anos «dando caña»

1998, un ano inesquecible

Comando Celta quixo festexar este ano, e fíxoo ao grande. 1998, quédase gravada para a historia do celtismo, o Celta celebra o seu 75 aniversario e clasifícase para a UEFA, non cabe dúbida que Comando esta a vivir un dos momentos mais doces destes once anos de existencia.

Leer Más

O reascenso de Lleida

Comando y el autobús número 7: Reventados, pero felices. El cansancio no pudo con la alegría de los celestes durante el viaje de vuelta. Montse González [Faro de Vigo, junio 2005]

Los sesenta viajeros del autobús numero 7, con los que viajó FARO de regreso a Lleida, se hicieron los remolones a la hora de emprender el viaje de regreso. Querían dar rienda suelta a su euforia, felicitar a los jugadores y vivir intensamente hasta el último momento de uno de los días más emocionantes de su vida.

Leer Más

A final de Sevilla

Quero sentir un triunfo [Franchu Hernández, 2 de xullo de 2001]:

Quero sentir o triunfo, sentir nas miñas carnes esa explosión de xúbilo, como o da hinchada maña co gol de Yordi. Debe ser algo así como o que vivimos co tanto de Mostovoi, xogador que se queda para sempre no corazón do celtismo pola súa entrega, pero máis salvaxe. Ese foi o meu último, pero principal, sentimento nunha viaxe chea de vicisitudes, sobre todo na ida. Leer Más

Marsella é nosa: ‘A marcha celeste’

Marzo do 99:
A mañá transcorría sen incidentes e os habitantes de Marsella parecían permanecer á marxe da festa que se montaban os celestes, aínda que de cando en vez había algún pique cando un francés sinalaba cara ao chan co pulgar. Pero o sangue non chegaba ao río xa que os celtistas, sen perder o sorriso, achéganse e din ¿foto?, un sorriso e merci.

Leer Más

Birmingham tinguiuse de celeste

Novembro 1998:
Os integrantes do Comando Celta non se arrepentiron da viaxe realizada ás illas, xa que poderán contar que presenciaron en directo a maior xesta histórica do Celta. Os setecentos célticos que chegaron a Birmingham foron situados nun lateral da bancada que leva o nome de Dopug Ellis. Cando a afección inglesa enmudeceu, o que ocorreu en moitos momentos do encontro, a hinchada celeste deu claras mostras da súa presenza no Vila Park. Os ingleses non soamente aprenderon unha lección de fútbol, senón que tamén escoitaron a “Rianxeira”, e xa ao final Comando Celta e os setecentos despedíronse ao berro de ¡campións, campións! Leer Más

Os avais do 95

A pretemporada 95/96 presentouse quente cun grande escándalo no fútbol español. O día 1 de agosto saltaba a noticia en todos os medios de comunicación: “o descenso administrativo” do Real Club Celta e Sevilla Fútbol Club a consecuencia de non presentar os avais dentro dos prazos establecidos.

Foron dúas semanas de incerteza sobre o futuro de ámbolos dous clubes na categoría de ouro do fútbol español. Días de reunión por parte dos clubes, federación, Liga de Fútbol Profesional e tamén reivindicacións e manifestacións por conta das distintas afeccións. Leer Más

A copa do 94

Que agradable é estar tomando uns viños no teu barrio e, ó mesmo tempo, formar parte dunha tertulia onde os máis vellos che falan das fazañas daquel Celta xa afastado, de cando aínda non nacéramos. Aqueles recordos da voz dos nosos avós, aquela final da Copa do 48 ou a clasificación para a UEFA no 71. Sempre che viña á mente un soño: o vivir unha final desas que nos contaban… se algún día ocorrese seríamos os mais felices do mundo.

Leer Más

Camiño de Sestao, camiño de primeira

Corría a temporada 86/87 cando a Liga de 2ª División estreaba o sistema de Play-Off. Formáronse dous grupos de seis equipo cada un, dos cales ascendían os campíons e o mellor segundo clasificado. O noso Celta vense encadrado co Raio Vallecano, Castellón, Sestao, Málaga e Coruña. No noso entorno xa se empezaba a vivi-la emoción do posible e ¿cómo non? o ansiado ascenso. Sabíamos de antemán que ía ser duro e o tiñamos que conseguir a contra do Coruña. Leer Más

A historia comeza…

En novembro de 1986, co motivo do encontro Deportivo-Celta celebrado na Coruña, realizouse unha excursión e a partir de aí fórxase a idea de fundar unha peña.

Pasaron cinco meses dende aquela excursión e a idea de facer a peña chegou a boa fin, despois de ter as correspondentes conversacións co Real Club Celta —como tamén co corrdinador das peñas D. Andrés García— constituiuse oficialmente e con estatutos no Goberno Civil (sección 1ª de asociacións e dereitos cidadáns).

Leer Más